18 dic 2016

Un heroe para sempre


  Morte de John Glenn

John Glenn foi o primeiro astronauta estadounidense en orbitar o planeta Terra, ademais de piloto de combate e senador nacional polo estado de Ohio. Participou no proxecto Mercurio durante a carreira espacial contra a Unión Soviética.

O pasado xoves 8 de decembro faleceu, con 95 anos de idade despois de ser hospitalizado.

"John pasouse a vida rompendo barreiras, tanto cando defendia a nosa liberdade como condecorado como piloto de combate dos Marines na Segunda Guerra Mundial e en Corea, como cando estableceu unha marca transcontinental de velocidade ou cando, con 77 anos, se converteu non ser humano máis maior que tocaba as estrelas " foron as palabras que Barack Obama lle dedicou a este home no seu agradecemento.

John Glenn deixounos para ser unha desas estrelas que observamos cada noite.



No hay comentarios:

Publicar un comentario