29 mar 2017

Ata a mínima posibilidade

Vida extraterrestre

Non hai moito, descubriuse un novo "Sistema Solar" protagonizado pola estrela anana vermella Trappist-1. Esta estrela conta con 7 planetas rochosos, dos cales, tres, estaban considerados semellantes á Terra xa que se atopaban dentro dunha suposta zona habitable, o que quere dicir que existe a posibilidade da existencia de auga líquida.

Pola contra, Eric Wolf, do Laboratorio de Física e Atmósfera da Universidade de Colorado, publicou un estudo que simplifica as nosas espectativas. Este modelo climático en 3D suxire que tan só o planeta do medio da zona habitable é apto para a vida.

A pesares disto, seguiremos buscando a vida tal e como a coñecemos neste mundo e máis tarde ou máis cedo, aparecerá.

Haberá vida neste planeta que arrodea a Trappist-1?


28 mar 2017

Paseando entre dinosaurios

Pegadas de xigantes

Hoxe en día, os dinosaurios a pesares de estar extintos, son unha das nosas curiosidades dende moi pequenos.

Recentemente, un grupo de investigadores identificou no noroeste de Australia máis de 150 pegadas de 21 especies diferentes de dinosaurios. Un descubremento "sen precedentes" afirmaba a Universidade de Queensland.
As pisadas corresponden a 10 especies de saurópsidos, 6 de dinosaurios armadillos e 5 de dinousaurios depredadores. Entre estas, está a única proba confirmada dun estegosauro en Australia e pegadas dos dinosaurios máis grandes coñecidos xa que algunhas pisadas miden 1,7 metros de largo.
As pisadas atópanse nunha zona de rochas de entre 127 e 140 millóns de anos de antigüidade, en Walmadany, unha rexión que contén miles de pegadas que foi incluida no Patrimonio Nacional de Australia en 2011.

Quizáis coñezamos máis moi cedo!


26 mar 2017

A perda dos aneis

Marte tivo aneis no pasado

É máis que problable que no pasado Marte tiviera un sistema de aneis capaz de rivalizar co propio Saturno. E o que é máis, é casi seguro que os volva a ter no futuro.
En efecto, desenvolveuse un modelo computerizado no que se mostra claramente como os escombros lanzados por Marte ao espacio tras o impacto dun gran asteroide fai 4.300 millóns de anos estiveron "alterando" a súa forma ao longo do tempo, converténdose en aneis planetarios para formar varias xeracións de lúas.

Organizando a vida


As moléculas autoorganizábanse antes da orixe da vida

A día de hoxe ainda se descoñece a orixe da vida na terra.
Un equipo de investigadores, dirixidos por Juan Manuel García-Ruiz, fixo un descubrimiento que pode axudar a entender as circunstancias nas que apareceu a vida na terra. O descubrimento, presentado en Science Advances, confirma que no tempo na que a terra era primitiva, onde non era raro encontrar auga moi básica (cun pH moi alto), era posible a autoorganización das pequenas moléculas minerais.
Entre outas cousas, estas eran capaces de formar biomorfos, estructuras inertes que tiñan unha forma, unha textura e unha simetría semellante á dos seres vivos.










7 mar 2017

Un novo vixiante


Satélite medioambiental

O Sentinel-2B, un satélite posto en órbita polo cohete Vega que despegou onte ás 23h aproximadamente dende Francia, forma parte do programa europeo Copérnico de observación da Terra.

Este satélite xunto co Sentinel-2A (que se atopa no espazo  dende xuño de 2015) enviará información sobre a contaminación de lagos e mares, o crecemento da vexetación, fotografiará incendios e inundacións, ademáis ofrecerá servicios útiles para a pesca.

A Axencia Espacial Europea (ESA) asegura que un dos maiores retos da sociedade é garantir explotacións sostibles e estes satélites poden axudarnos.
Recollerán datos como o contido de clorofila e auga polo que poderemos axustar a cantidade necesaria de fertilizantes a usar segundo sexa preciso e polo tanto contribuirá a mitigar o cambio climático.

Enviará datos cada día durante sesenta minutos e cubrirá a superficie terrestre xunto co Sentinel-2A nun espazo de 5 días.

Conseguiremos realmente frear o cambio climático?