18 dic 2016

Autoreparación


  O futuro da mediciña

O axolote é un anfibio mexicano cunhas habilidades rexenerativas que lle posibilitan rexenerar incluso os órganos internos como o corazón.

Os científicos do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, deron un paso máis ao conseguir a reprogramación das células en ratos vivos. O obxectivo é poder reparar tecidos dañados sen sacar as células do corpo, como fai este curioso animal.
A reprogramación non chega ao estado embrionario, mais si ata o momento anterior a contracción da enfermidade o que posibilitaria a curación dos tecidos.

Seremos quen de voltar axolotes?




Un heroe para sempre


  Morte de John Glenn

John Glenn foi o primeiro astronauta estadounidense en orbitar o planeta Terra, ademais de piloto de combate e senador nacional polo estado de Ohio. Participou no proxecto Mercurio durante a carreira espacial contra a Unión Soviética.

O pasado xoves 8 de decembro faleceu, con 95 anos de idade despois de ser hospitalizado.

"John pasouse a vida rompendo barreiras, tanto cando defendia a nosa liberdade como condecorado como piloto de combate dos Marines na Segunda Guerra Mundial e en Corea, como cando estableceu unha marca transcontinental de velocidade ou cando, con 77 anos, se converteu non ser humano máis maior que tocaba as estrelas " foron as palabras que Barack Obama lle dedicou a este home no seu agradecemento.

John Glenn deixounos para ser unha desas estrelas que observamos cada noite.



Medidas ante a desaparición


   Abellas robóticas

Hoxe en día, hai moitas especies en perigo de extinción, e a abella é unha delas, no caso de que chegaran a desaparecer, toda a biosfera se vería afecta e non sobreviviríamos, xa que elas son as que se ocupan de polinizar as plantas.

Uns investigadores dunha universidade de Varsovia, inventaron a primeira abella robótica.
Un dos seus creadores, explicaba "O verán pasado fixemos a primeira proba e xa obtivemos a primeira semilla polinizada artificialmente, polo que se asemella tanto a unha abella real o noso robot". Tamén aclarou que non prentende sustituir aos obxectos mais si axudalos e complementar a súa labor.
Estes drons polinizadores contan cunha especie de plumeiro onde impregnar o pole para logo repartilo entre as flores.
A universidade pretende poñer a traballar os primeiros prototipos a partir do ano que vén e comezar a súa fabricación en dous anos.

Oxalá se repoboe o mundo de abellas reais e só recurramos as robóticas para axudalas.


Todo por vivir


 Conxelación dunha adolescente

Hai algo máis dun mes, unha rapaza británica de 14 anos morreu a causa dun cancro, mais, antes de morrer solicitou ser crioxenizada nos Estados Unidos coa ilusión de que nun futuro, cando haxa unha cura para a súa patoloxía, poida ser reanimada e poder desfrutar dunha feliz e larga vida. A crioxenización tivo que ser aceptada por un xuíz xa que o pai da adolescente se opoñía inicialmente á idea, pola posibilidade de que ao espertar se atopara sen ningún familiar e sen ningún recordo. Finalmente, o cadáver da rapaza foi trasladado aos Estados Unidos e foi crioxenizado por unha organización, que lle inxectou un anticonxelante antes de comenzar co proceso.
Esta organización aclarou que non pode garantir o éxito, máis os avós da rapaza non dudaron en pagar os costes do tratamento.
Esperemos que poida desfrutar dunha larga vida nun futuro non moi lonxano.

15 dic 2016

Presentación

Ola a todos e todas! Chamámonos Adriana Barcia e Sara Sánchez e somos alumnas do IES Praia Barraña de Boiro no que cursamos 1º de bacharelato.
Cursamos ciencias sociais e ciencias puras respectivamente.
Este blogue estará destinado a materia de Cultura Científica coa finalidade da publicación de noticias sobre a actualidade na ciencia. Esperamos que vos resulten moi interesantes!