22 jun 2017

Xúpiter é máis vello que o Sol




Un equipo de invetigadores descubriron que Xúpiter é o máis antigo dos planetas do Sistema Solar. Pero non só descubriron iso, senón que o análise de certos isótopos suxiren que podería haberse formado antes de que o Sol comezara a brillar.
Para conseguir a idade de Xúpiter, os investigadores, mediron as concentracións de isótopos de molibdeno e tungsteno en meteoros ferrosos.





Descobren a orixe das noites brillantes

 







 Un estudo ofreceu unha explicación para este extrano fenómeno. Segun o estudo a sua orixe está    nun brillo verdoso e natural que se produce como consecuencia da actividade dos átomos de        oxigeno na atmosfera superior, e que se pode observar moitas veces dende o espazo ou en  observatorios astronómicos.


 Na actualiadade é casi imposible detectar este fenómeno. Pero gracias aos datos recillidos por  satélites, os científicos descubriron que esta rareza podería ser vista hoxe en día en lugares moi  remotos do planeta.

4 jun 2017

Fase Galicia

O intercambio triautonómico de EduCO2cean dirixido por Climántica constou de tres fases. A primeira foi a de Canarias, na que estudantes galegos de 4º da ESO se desprazaron ata Tenerife, onde coñeceron aos seus pares de intercambio cos que desfrutaron dunha semana do clima de Canarias.

A seguinte fase desenvolveuse en Galicia, dende o 17 ata o 24 de abril. Estudantes canarios e segovianos conviviron con nós durante unha semana na que coñeceron un pouco da nosa provincia (A Coruña).

 O mércores 19 o IES Praia Barraña, organizou unha saída a Sálvora onde puidemos acompañalos a visitar esta illa pertencente ao Parque Natural das Illas Atlánticas.

O venres 21, desprazámonos a Noia, onde no Coliseo Noela presentamos os traballos realizados por todos os alumnos ademáis de escoitar dúas conferencias de Ángel Carracedo e Emilio Fernández.

O luns 24 saímos cara Santiago, onde desfrutamos dunha ruta guiada pola zona antiga que rematou na Praza do Obradoiro, antes de tomar rumbo a Segovia.

Foto nos Castros de Baroña coa miña compañeira de intercambio