18 dic 2016

Todo por vivir


 Conxelación dunha adolescente

Hai algo máis dun mes, unha rapaza británica de 14 anos morreu a causa dun cancro, mais, antes de morrer solicitou ser crioxenizada nos Estados Unidos coa ilusión de que nun futuro, cando haxa unha cura para a súa patoloxía, poida ser reanimada e poder desfrutar dunha feliz e larga vida. A crioxenización tivo que ser aceptada por un xuíz xa que o pai da adolescente se opoñía inicialmente á idea, pola posibilidade de que ao espertar se atopara sen ningún familiar e sen ningún recordo. Finalmente, o cadáver da rapaza foi trasladado aos Estados Unidos e foi crioxenizado por unha organización, que lle inxectou un anticonxelante antes de comenzar co proceso.
Esta organización aclarou que non pode garantir o éxito, máis os avós da rapaza non dudaron en pagar os costes do tratamento.
Esperemos que poida desfrutar dunha larga vida nun futuro non moi lonxano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario