7 mar 2017
Un novo vixiante
Satélite medioambiental
O Sentinel-2B, un satélite posto en órbita polo cohete Vega que despegou onte ás 23h aproximadamente dende Francia, forma parte do programa europeo Copérnico de observación da Terra.
Este satélite xunto co Sentinel-2A (que se atopa no espazo dende xuño de 2015) enviará información sobre a contaminación de lagos e mares, o crecemento da vexetación, fotografiará incendios e inundacións, ademáis ofrecerá servicios útiles para a pesca.
A Axencia Espacial Europea (ESA) asegura que un dos maiores retos da sociedade é garantir explotacións sostibles e estes satélites poden axudarnos.
Recollerán datos como o contido de clorofila e auga polo que poderemos axustar a cantidade necesaria de fertilizantes a usar segundo sexa preciso e polo tanto contribuirá a mitigar o cambio climático.
Enviará datos cada día durante sesenta minutos e cubrirá a superficie terrestre xunto co Sentinel-2A nun espazo de 5 días.
Conseguiremos realmente frear o cambio climático?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario